sábado, 5 de diciembre de 2015

GREGAS e GREGOS

Aquí temos unhas imaxes coas actividades que realizamos o día 3 de decembro cos rapaces de Cultura Clásica. Graciñas.-

viernes, 4 de diciembre de 2015

-CULTURA CLÁSICA

Ola! No seguinte enlace poderedes acceder ó tríptico que recolle as actividades realizadas polo alumnado de Cultura Clásica do C.P.I. Monte Caxado o día 3 de decembro. ¡En breve sairán na televisión! http://issuu.com/yagoyez/docs/tr__ptico_de_cultura_cl__sica__o_mu/1

sábado, 28 de noviembre de 2015

-Daniel Calvo

Dende este humilde blog, simplemente queremos agradecer os anos compartidos a un rapaz que acaba de deixar o noso centro para marchar a estudar a Oviedo. Trátase de Daniel Calvo Sánchez, alumno nobre onde os haxa. Agardamos e desexamos todo lle vaia ben na súa nova andaina.-

-¿Todo sigue igual?

Insertamos logo o seguinte texto acerca da situación da muller, escrito por Alba Fraga Vázquez. ¿Realmente todo segue igual?

domingo, 15 de febrero de 2015

A VIDA ILUSTRADA EN CATRO LINGUAS, na TVG!!!


    Incluímos deseguido o enderezo dende o que resulta posible visualizar a reportaxe realizada polo programa Revista Fin de Semana, da Televisión de Galicia (7-2-2015, ás 12:50 horas), con motivo da publicación do Dicionario visual, titulado A vida ilustrada en catro linguas: galego, castelán, francés e inglés.
   O acto en cuestión tivo lugar o luns día 2 de febreiro, cando puidemos recibir á televisión na Biblioteca do C.P.I. Monte Caxado: http://www.crtvg.es/informativos/no-cpi-monte-caxado-das-pontes-editan-un-libro-en-catro-idiomas-feito-polos-alumnos-1004162
   Moitas grazas polo voso apoio e axuda na divulgación deste libriño, realizado polo alumnado.-